Produtora » Novas da Fundación TIC

28/10/2016

A TIC estrea 5ª tempada do seu programa de TICodiarios co que achega o mundo audiovisual a escolares de primaria e secundaria


-Máis de 1.300 alumnos de 52 centros educativos de toda a provincia participarondurante o pasado curso nas visitas didácticas á TIC

-Alumnos do IES Moncho Valcárcel das Pontes abriron a nova tempada coa presentación dun informativo e o percorrido polos distintos departamentos dun medio audiovisual

-Os centros interesados en participar nas vistas poden apuntarse na sede TIC ou chamando ao 982284667

A Fundación TIC estreou este venres a quinta tempada do seu programa de visitas didácticas co que continúa o seu labor de achegaro audiovisual a escolares de primaria e secundaria tralo éxito nas pasadasedicións. De feito, máis de 1.300 estudantes de 52 centros educativos da provincia, e incluso de concellos limítrofes, participaron durante o pasado curso nestas visitas á TIC, nas que os estudantes coñecen por dentro o funcionamento dos distintos departamentos dun medio audiovisual e participan na realización e presentación dun TICodiario.

Un grupo de alumnos do IES Moncho Valcárcel das Pontes,acompañados polos seus profesores, foron os encargados de abrira nova tempada. Os estudantes coñeceron de primeira man todo o proceso para a realización dun programa de televisión e presentaron un Ticodiario, un informativo que inclúe noticias reais e unha enquisa realizada polos propios alumnos. Tras rematar a experiencia, cada participante recibiu un USB cunha copia do programa.

Oferta educativa da EIS

Os TICodiarios forman parte do programa de visitas á Fundación, que ten por obxectivo abrir as portas da TIC á sociedade luguesa e achegar o uso das novas tecnoloxías aos centros educativos da provincia. Nestes últimos anos, o programa de visitas cruzou fronteiras. Recibiu a estudantes de centros educativos de concellos limítrofes á provincia de Lugo, como Melide ou As Pontes.

Ademais, con estas visitas, a TIC dá a coñecer a súa oferta formativa nos ciclos de Realización e Produción que imparte a Escola de Imaxe e Son (EIS), o único centro da provincia con ensinanzas superiores da rama audiovisual.

Como apuntarse e participar

Todos os centros de secundaria e primaria interesados en participar nesta iniciativa durante o presente curso 2016/17, poden apuntarse na sede da TIC, situada na rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n, a carón do edificio do antigo hospital San José, ou chamar ao número de teléfono 982 284 667.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet