Produtora » Novas da Fundación TIC

09/12/2016

Alumnos da TIC colaboran con estudantes do IES de Becerreá na rodaxe dunha curta sobre o Camiño de Santiago

  • archivos/fotos/grandes/3300_2016-12-09-PHOTO-00000004.jpg

    ies becerreá

    ies becerreá
  • archivos/fotos/grandes/3300_IMG_7311.JPG

    ies becerreá

    ies becerreá
  • archivos/fotos/grandes/3300_IMG_7312.JPG

    ies becerreá

    ies becerreá
  • archivos/fotos/grandes/3300_IMG_7313.JPG

    ies becerreá

    ies becerreá
  • archivos/fotos/grandes/3300_IMG_7314.JPG

    ies becerreá

    ies becerreá
  • archivos/fotos/grandes/3300_IMG_7315.JPG

    ies becerreá

    ies becerreá
  • archivos/fotos/grandes/3300_IMG_7316.JPG

    ies becerreá

    ies becerreá







A Fundación TIC da Deputación colabora co IES de Becerreá na rodaxe dunha curta sobre o Camiño de Santiago ao seu paso por este Concello dos Ancares. Os alumnos e alumnas de 2º de Realización da Escola de Imaxe e Son, coa supervisión dun docente, están a gravar este venres o audiovisual, que é un proxecto dos estudantes de 3º de ESO do instituto becerrense. Ademais, a TIC achega material técnico de iluminación e de son, así como orientación técnica sobre as dúbidas que xurdan durante a execución do traballo.

Esta colaboración cumpre un dobre obxectivo: por unha banda, achegar a cultura audiovisual aos centros educativos de primaria e secundaria da provincia e, por outra, que o alumnado da Escola da TIC poña en práctica nun escenario real os seus coñecementos.

Rodaxe en espazos naturais
Está previsto que a rodaxe se desenvolva de 10.00 a 18.00 horas en espazos naturais como o parque de Becerreá e as contornas das igrexas de San Cosme de Ouselle e do Santo, e en interiores como o despacho do instituto. A curta terá unha duración duns 12 minutos.

Os estudantes de 3º de ESO do IES de Becerreá elaboraron o guión orixinal, inspirado na serie “El Ministerio del Tiempo” de TVE, sobre o Camiño de Santiago en Becerreá, encargáronse do story board e da preprodución. A TIC tamén os asesorará da montaxe do material gravado este venres. Na preparación da curta colaboraron os departamentos de Xeografía e Historia, Relixión, Francés e Educación Física do centro ancarés.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet