Produtora » Novas da Fundación TIC

01/02/2017

Alumnos da TIC convocan un casting o 1 de febreiro para a rodaxe da curtametraxe Hermetismos

-Estudantes de 2º curso seleccionarán a actores e actrices de entre 15 e 30 anos na sede da Escola de Imaxe e Son en horario de 17.00 a 20.00

-Os interesados poden poñerse en contacto co equipo encargado do casting a través do correo hermetismos.corto@gmail.com ou chamando ao 648623945

-A curtametraxe gravarase a finais de febreiro en distintas localizacións da cidade de Lugo


Alumnos de 2º de Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC, o único centro da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual, realizarán mañá, mércores 1 de febreiro, un casting de actores para Hermetismos, unha das curtametraxes que realizan os estudantes como traballo fin de curso.

Para a gravación da curta Hermetismos precísanse actores e actrices de entre 15 a 30 anos. O casting terá lugar o mércores en horario de 17.00 a 20.00 na sede da Escola, na rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n, a carón do antigo hospital de San José. Os interesados poden poñerse en contacto co equipo que realiza a selección a través da dirección de correo hermetismos.corto@gmail.com ou chamando ao 648623945

Gravación de Hermetismos

Para a rodaxe de Hermetismos, que terá lugar a finais de febreiro, os alumnos da Escola de Imaxe e Son contan co apoio do profesorado. O traballo inclúe a elaboración do guión, a produción, a gravación e posterior montaxe. Trátase dunha práctica formativa do Centro educativo para a cal os estudantes disporán de todos os medios técnicos necesarios co obxectivo de desenvolver o seu traballo a nivel profesional, e coa que se busca achegar ós alumnos ó mundo laboral.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet