Xornadas de Portas Abertas na Escola de Imaxe e Son
ABERTIC é unha xornada de portas abertas onde o visitante poderá coñecer todas as actividades que a Escola de Imaxe e Son de Lugo realiza ao longo do curso académico.
Haberá proxeccións continuas de todas as curtametraxes producidas e realizadas polos alumnos da EIS Lugo desde o 2004 ata hoxe, coa estrea das últimas catro curtas producidas este curso: DEVIL, ENFOQUES, EL JUEGO DE LA POLVORA e SIN SALIDA.
Contaremos con talleres de radio e televisión en directo onde o visitante poderá participar cos alumos na realización de exercicios practicos reais.
Tamén haberá representacións teatrais ao aire libre, a entrega dos Premios TIC aos mellores traballos elixidos polos alumnos, música en directo e máis sorpresas.
Todo aquel que se achegue a coñecernos nesta primeira edición do ABERTIC terá un agasallo moi especial: unha edición en DVD dos mellores traballos da EIS Lugo.