Centro de Formación de Audiovisuais (CFA) » Ciclo Superior de Realización
13/11/2009
TÉCNICO SUPERIOR EN REALIZACIÓN DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS E ESPECTÁCULOS
Perfil profesional. ¿Que vou aprender e facer?
Organizar e supervisar a preparación, execución e montaxe de calquera tipo de programa filmado/gravado en directo, coordinando os medios técnicos e humanos necesarios para a súa realización ao longo de todo o proceso, controlando o contido e a forma, así como a calidade establecida.
Realizar os procesos de montaxe, edición e post produción de certos produtos audiovisuais no marco de obxectivos establecidos definindo as solucións de realización que aseguren a calidade técnica e formal requirida no produto audiovisual.
Coordinar a realización de producións multimedia e de representacións escénicas e espectáculos.
Saídas profesionais
- Técnico en produción de programas de televisión.
- Técnico de realización de televisión en control.
- Técnicos de realización de televisión en estudio.
- Técnico en dirección de cine.
- Secretario de rodaxe.
- Técnico en montaxe cinematográfico.
- Técnico en edición de V.T.R.
- Técnico mesturador de vídeo.
- Técnico de postprodución.
- Técnico de dirección en espectáculos.
- Rexedor de teatro.
Duración dos estudos
2000 horas
Requisitos de acceso
Consultar requisitos de acceso
Plan de estudos (LOE implantación curso 2012-13)
1º curso
- Planificación da realización en cine e vídeo
- Planificación da realización en televisión
- Planificación da montaxe e a posprodución de audiovisuais
- Planificación da rexedoría de espectáculos e eventos
- Medios Técnicos audiovisuais e escénicos
- Formación e orientacion laboral | 2º curso
- Procesos de realización en cine e vídeo
- Procesos de realización en televisión
- Realización da montaxe e a posprodución de audiovisuais
- Procesos de rexedoría de espectáculos e eventos
- Empresa e iniciativa emprendedora
- Proxecto de realización de proxectos de audivisuais e espectáculos
- Formación en centros de traballo (F.C.T.) |
Volver