Os segredos son gardados por persoal capacitado para escoitar e almacenar todo o que á xente lle queima por dentro…xa non hai con quen falar …xa non hai ninguén a quen contar…Christina é unha gardadora de segredos desbordada.
Os sorrisos mudaron nun ben tan escaso que hai fotógrafos especializados na súa busca y “captura”… Vincent é un fotógrafo de xestos alegres golpeado pola triste realidade da súa extinción inminente.
Vincent e Christina como outras moitas persoas, atópanse nun “punto de non retorno” e a Empresa Tempo e Distancia ofrécelles viaxes definitivos sen dor e coa compaña axeitada cara un destino no que as dúbidas marcarán o punto final.
Raúl é un mozo de 24 anos obsesionado polo seu destino, polos xogos de azar e por saber o que pasará cada día da súa vida. Unha chamada telefónica a un vidente fará que cambien os acontecementos nun día calquera. Raúl convertese nunha víctima da súa propia suxestión e fixación polo esoterismo.